CAMBIO FÍSICO E CAMBIO QUÍMICO DUN OBXETO O MATERIAL
Todos os materiais que vemos e temos ó noso aredor constantemente sofren cambios. Por exemplo: o ferro se oxida, o papel dos xornais vellos ponse amarelo, os zapatos gástanse... Algúns destes cambios son producidos polo home, como cando se disolve azucre no café, cando rompe un vaso, ó recortar un papel... Os cambios que ocorren nos materiais poden dividirse en dous grandes grupos: cambios físicos e cambios químicos.
Falamos de cambio físico sempre que non cambia a natureza das sustancias e falamos dun cambio químico cando cambia. Por exemplo se teño unha folla de papel e a solto cáese por acción da gravidade, segue sendo unha folla de papel, non cambiou a súa natureza. Se a achego a un misto acendido o papel arde e convértese en cinzas, fume e enerxía, sería un cambio químico. Se teño unha barra de ferro e dóbroa para facer unha varanda seguirá sendo ferro, pero se se une ó osíxeno da atmosfera fórmase un po marrón que xa non é ferro, é óxido de ferro, trátase dun cambio químico.
Cambios físicos 
Cando os materiais cambian de forma, recórtanse, estíranse, ráianse... ocorre un cambio físico. A auga cando cambia de estado, é dicir, ó conxelarse transfórmase en xeo, pero segue sendo auga.

Cando os materiais cambian de forma, recórtanse, estíranse, ráianse... ocorre un cambio físico. A auga cando cambia de estado, é dicir, ó conxelarse transfórmase en xeo, pero segue sendo auga.
O cobre ó quentarse vólvese líquido pero segue sendo cobre. En xeral, as disolucións e mesturas son cambios físicos. Cando facemos unha ensalada, facemos unha mestura, combínanse varios vexetais, pero cada un deles conserva as súas características.

Ó disolver unha sustancia noutra, ocorre un cambio físico, xa que as sustancias non se transforman noutras distintas. Por exemplo, cando facemos unha sopa, parece que o sal desaparece, pero segue estando ahí, porque ó probar o caldo sentímola. Se
queremos recuperala, férvese a sopa ata que evaporase todo o líquido e vémola no fondo da pota. Cando se lle bota azucre ó café, deixa de verse, pero o café sabe doce, o azucre segue alí pero disolto en partículas tan pequenas que non se poden ver.

Finalmente pódese concluír que ó disolver unha sustancia noutra, ocorre un cambio físico, xa que as sustancias non se transforman noutras, porque conservan as súas características.
Cambios químicos

Determinar a simple vista se ocorreu en verdade un cambio químico non sempre é fácil. A forma máis segura é analizar as sustancias no laboratorio para ver se son as mesmas coas que empezamos ou se se trata doutras.

Existen certas características que a simple vista nos indican se se produciu ou non un cambio químico como:
- Os cambios de cheiro é sinal de que algún material novo acaba de aparecer, como resultado da transformación química dos materiais que se tiñan ó principio.
- Os cambios de cor indican que se formaron sustancias novas, de cor distinta a das iniciais.
LEI DE LAVOISIER OU DE CONSERVACIÓN DA MASA

Probablemente, a aportación máis importante que fixo Antonie Laurent Lavoisier (1743-1794) á Química foi a implantación da medida precisa a todos os procesos nos que a materia sofre transformacións e o enunciado da famosa lei de conservación da masa.
En 1770 Lavoisier realizou o experimento do arrequecemento da auga utilizando un aparello que condensaba o vapor e devolvíao ó recipiente sen perder un só gramo de auga. Pesó a auga e o recipiente antes e logo de realizar o experimento. Demostrou que o peso do matráz do condensador e da auga seguía sendo o mesmo antes e logo dunha prolongada ebulición. Sen embargo, un sedimento terroso seguía aparecendo. Extraeu e pesou o depósito formado, así como o matráz e comprobou que a suma de ambos era igual ó peso do matraz antes de iniciar a experiencia. É dicir, o poso terroso proviña dunha descomposición do vidro provocada pola calor.
Posteriormente, ocupouse das reaccións químicas e comprobou que a masa (cantidade de materia) é algo permanente e indestructible, algo que se conserva a pesar de todos os cambios. Newton defendeu antes na física a idea dunha masa que permanecía constante a través de todos os movementos e Lavoisier aplicouna ó mundo da química.
En 1774 Lavoisier enunciou a súa lei de conservación da masa, de forma que: en toda transformación química, a masa total dos reactivos que reaccionan é igual á masa total dos produtos da reacción.
Así, segundo Lavoisier, na reacción do cobre co xofre para orixinar sulfuro cúprico, mediante:
Cu + S = CuS
Resulta que 4,00 g de Cu reaccionan con 2,02 g de S e producen 6,02 g de CuS.
É dicir, que nunha reacción química, a materia nin se crea nin se destrúe, só se reorganiza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario