A forza normal non é un par de reacción do peso, senón unha reacción da superficie á forza que un corpo exerce sobre ela.
A FORZA DE ROZAMENTO:
A forza de rozamento é unha forza que aparece cando hai dous corpos en contacto e é unha forza moi importante cando se estuda o movemento dos corpos. É a causante, por exemplo, de que poidamos andar(costa moito máis andar sobre unha superficie con pouco rozamento, xeo, por exemplo, que por unha superficie con rozamento como, por exemplo, un chan rugoso).
Existe rozamento ata cando non hai movemento relativo entre os dous corpos que están en contacto. Falamos entón de Forza de rozamento estática. Por exemplo, se queremos empuxar un armario moi grande e facemos unha forza pequena, o armario non se moverá. Isto é debido á forza de rozamento estática que se opón ó movemento. Se aumentamos a forza e empuxamos, chegará un momento en que superemos está forza de rozamento e será entón cando o armario póidase mover. Unha vez que o corpo empeza a moverse ,falamos de forza de rozamento dinámica. Esta forza de rozamento dinámica é menor que a forza de rozamento estática.
- A forza de rozamento entre dous corpos non depende do tamaño da superficie de contacto entre os dous corpos, pero si depende de cual sexa a natureza desa superficie de contacto, é dicir, de que materiais a formen e se é máis ou menos rugosa.
- A magnitude da forza de rozamento entre dous corpos en contacto é proporcional á normal entre os dous corpos, é dicir:
Fr=m ·N
onde m é o que coñecemos como coeficiente de rozamento.

É a forza que tira dun obxecto cara ó centro dun camiño circular mentres que o obxecto segue ese camiño circular. Un obxecto só pode ter unha traxectoria circular se se lle aplica unha forza centrípeta.

No hay comentarios:
Publicar un comentario