Mostrando entradas con la etiqueta continuacion da bicicleta. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta continuacion da bicicleta. Mostrar todas las entradas

viernes, 18 de abril de 2008

CONTINUACIÓN DA BICICLETA


Un exemplo máis sutil é demostrado pola bicicleta. É ben sabido que balancear unha bicicleta inmóbil é case imposible, mentres que cunha bicicleta que avanza é bastante fácil. ¿Porqué?

En cada caso aplican diferentes principios. Supon que sentase nunha bicicleta inmóbil, e aprecia que se está inclinando cara á esquerda.¿Que fai? A tendencia natural é facerse cara á dereita, para balancear a inclinación mediante o seu corpo. Pero ó mover a parte superior do seu corpo cara á dereita, de acordo á terceira lei de Newton, estas en realidade facendo que a bicicleta inclínese máis cara á esquerda. ¿Talvez deba inclinarse á esquerda e empuxar de novo a bicicleta? Pode funcionar durante unha fracción de segundo, pero agora vostede está realmente fora de balance. Claro que non!

Nunha bicicleta que avanza, o balance mantense mediante un mecanismo completamente diferente. Virando lixeiramente os manubrios da bicicleta cara á dereita ou esquerda, imparte algo da rotación da roda frontal ("momento angular") para rotar a bicicleta ó redor do seu eixe lonxitudinal, que é a dirección sobre a cal xira. Dese xeito o condutor pode accionar para equilibrar calquera tendencia da bicicleta de caerse cara a un lado ou cara a outro, sen caer no círculo vicioso da acción e reacción.
Algunhas bicicletas ten un cadeado o cal bloquea os manubrios nunha posición fixa. Cando a devandita bicicleta é bloqueada nunha dirección cara a adiante, esta pode ser levada por unha persoa camiñando, pero non pode ser conducida porque non pode ser balanceada.