domingo, 18 de mayo de 2008

KEPLER





BIOGRAFÍA:

Kepler, Johannes (1571-1630), astrónomo e filósofo alemán, famoso por formular e verificar as tres leis do movemento planetario coñecidas como leis de Kepler.

Kepler naceu o 27 de decembro de 1571, en Weil der Stadt, en Württemberg, e estudou teoloxía e clásicas na Universidade de Tübingen. Alí lle influenció un profesor de matemáticas, Michael Maestlin, partidario da teoría heliocéntrica do movemento planetario desenvolvida en principio polo astrónomo polaco Nicolás Copérnico.

En 1594, cando Kepler deixou Tübingen e marchou a Graz (Austria), elaborou unha hipótese geométrica complexa para explicar as distancias entre as órbitas planetarias -órbitas que se consideraban circulares erróneamente. (Posteriormente, Kepler deduciu que as órbitas dos planetas son elípticas; con todo, estes primeiros cálculos só coinciden nun 5% coa realidade.) Publicou as súas teorías nun tratado titulado Mysterium Cosmographicum en 1596. Esta obra é importante porque presentaba a primeira demostración ampla e convincente das vantaxes geométricas da teoría copernicana.

Kepler foi profesor de astronomía e matemáticas na Universidade de Graz desde 1594 ata 1600, cando se converteu en axudante do astrónomo danés Tycho Brahe no seu observatorio de Praga. Á morte de Brahe en 1601, Kepler asumiu o seu cargo como matemático imperial e astrónomo da corte do emperador Rodolfo II. Unha das súas obras máis importantes durante este periodo foi Astronomía nova (1609), a gran culminación dos seus coidadosos esforzos para calcular a órbita de Marte. Este tratado contén a exposición de dúas das chamadas leis de Kepler sobre o movemento planetario.

No 1612 Kepler fíxose matemático dos estados da Alta Austria. Mentres vivía en Linz, publicou o seu Harmonices mundi, Libri (1619), cuxa sección final contén outro descubrimento sobre o movemento planetario (terceira lei).

Cara á mesma época publicou un libro, Epitome astronomiae copernicanae (1618-1621), que reúne todos os descubrimentos de Kepler nun só tomo. Igualmente importante foi o primeiro libro de texto de astronomía baseado nos principios copernicanos, e durante as tres décadas seguintes tivo unha influencia capital convertendo a moitos astrónomos ó copernicanismo kepleriano.

A última obra importante aparecida en vida de Kepler foron as Táboas rudolfinas (1625). Baseándose nos datos de Brahe, as novas táboas do movemento planetario reducen os erros medios da posición real dun planeta de 5 °a 10'. O matemático e físico inglés Isaac Newton baseouse nas teorías e observacións de Kepler para formular a súa lei da gravitación universal.

Kepler tamén realizou aportacions no campo da óptica e desenvolveu un sistema infinitesimal en matemáticas, que foi un antecesor do cálculo.

Morreu o 15 de novembro de 1630 en Regensburg.


AS SUAS LEIS:

As leis de Kepler foron enunciadas para explicar o movemento dos planetas nas súas órbitas ó redor do Sol. Aínda que el non as enunciou no mesmo orde, na actualidade as leis se numeran como segue:

  • Primeira Lei (1609): Todos os planetas desprázanse ó redor do Sol describindo órbitas elípticas, estando o Sol situado nun dos focos.



  • Segunda Lei (1609): O radio vector que une o planeta e o Sol varre áreas iguais en tempos iguais.


A lei das áreas é equivalente á constancia do momento angular, é dicir, cando o planeta está máis afastado do Sol (afelio) a súa velocidade é menor que cando está máis próximo ó Sol (perihelio). No afelio e no perihelio, o momento angular é o produto da masa do planeta, pola súa velocidade e pola súa distancia ó centro do Sol.

  • Terceira Lei (1618): Para calquera planeta, o cadrado do seu período orbital (tempo que tarda en dar unha volta ó redor do Sol) é directamente proporcional ó cubo da distancia media co Sol.

Estas tres leis aplícanse a outros corpos astronómicos que se atopan en mutua influencia gravitatoria como o sistema formado pola Terra e a Lúa.








lunes, 5 de mayo de 2008

GRAVITACIÓN

FUERZAS GRAVITATORIAS

Basándose en los trabajos realizados por Kepler sobre los movimientos planetarios el científico y pensador inglés Isaac Newton (1642-1727) estableció que todos los cuerpos materiales con masa se ejercen mutuamente fuerzas de atracción debidas a un fenómeno conocido como interacción gravitatoria.

Las fuerzas gravitatorias hacen que todos los cuerpos y elementos que componen el universo tienden a unirse.

- Cuanto mayor es la masa de los cuerpos, mayores son las fuerzas.
- Cuanto menor es la distancia entre los cuerpos, mayores son las fuerzas.

Las fuerzas gravitatorias, que se ejercen por ejemplo entre el Sol y la Tierra, se caracterizan porque:

- La dirección de la fuerza es la de la recta que une los dos cuerpos afectados, el que la crea y el que la recibe.
- El sentido de la fuerza se dirige hacia la masa que crea la interacción gravitatoria.
- El módulo es proporcional a las masas que intervienen en la interacción gravitatoria e inversamente proporcional al cuadrado de la distancia que las separa.
- Las fuerzas debidas a la interacción gravitatoria son siempre atractivas.
LEY DE GRAVITACIÓN UNIVERSAL

La gravitación es una de las cuatro interacciones fundamentales de la naturaleza (junto a la eletromagnética, la nuclear fuerte y la nuclear débil, estas dos últimas de escala atómica y subatómica), y es la que predomina en la escala cósmica.

Isaac Newton expresó la naturaleza de las interacciones gravitatorias en una fórmula que indica el valor de la fuerza que engendran dichas interacciones:


En esta expresión, conocida como ley de la gravitación universal, F es la fuerza gravitatoria, m1 y m2 las masas que intervienen en esta interacción, r la distancia que las separa y G un factor de proporcionalidad conocido como constante de gravitación universal el valor del cual en el Sistema Internacional es 6,67 · 10-11 N·m2/kg2.

Esta ley puede expresarse también en formato vectorial, del modo siguiente: