domingo, 21 de octubre de 2007

CLASIFICACION PERIODICA DOS ELEMENTOS NA TABÓA PERIÓDICA

Para nomear ben os compostos, é necesario coñecer as características dos elementos segun o seu lugar na táboa periódica.A orde que gardan os elementos na táboa periódica esta baseado en un numero atómico, que é a cantidade de protóns no núcleo do átomo.

As propiedades químicas dos elementos dependen da súa posición electrónica nos distintas capas, polo que todos os elementos que teñen igual número de electróns na última capa teñen propiedades químicas similares.

A táboa periódica agrupa os elementos en conxuntos de elementos según as súas características, os conxuntos máis comúns son:

METAIS



As características dos elementos metálicos son:

- Son bos conductores da calor e da electricidade.
- Presentan brillo metálico.
- En xeral poden ser laminados ou estirados, estas dúas propiedades se coñecen como maleabilidade e ductilidade.
- Normalmente a temperatura ambiente da maioría son sólidos.
- Ó combinarse cos non metais ceden electróns polo que reciben cargas positivas (catións).

NON METAIS:

As características dos elementos non metálicos son:

- Son malos conductores da calor e da electricidade.
- Non son maleables ni dúctiles.
-Cando se combinan con metais adquires cargas negativas (anións).
-Algúns elementos as veces,compórtanse según as condicións como metais ou como non metais, a estes se lles coñece como metaloides.




Na clasificación periódica de dezaoito columnas podemos ver a estes grupos de elementos delimitados, o cal parécenos razoable, xa que as características deles dependen da distribución electrónica, canto máis próximos estean os elementos, maior semellanza terán as súas propiedades,isto débese a que a distribución electrónica ten tamén unha gran semellanza.

Se admitimos que as propiedades químicas dos elementos dependen da localización dos electróns na súa envoltura, temos unha clasificación dos elementos en función da súa distribución electrónica. Nesta clasificación os elementos agrúpanse en catro bloques segundo o tipo de orbital atómico no cal sitúase o seu electrón que os diferenza.


Ós elementos dos grupos S e P se lles coñece como elementos representativos, mentres que ós do grupo D se lle denominan elementos de transmisión externa e os do grupo F elementos de transmisión interna.

O bloque S está formado por dúas columnas, o P por seis, o D por dez e o *F por 14. O número de columnas corresponde ó máximo numero de electróns que pode haber neses orbitais, os elementos colocados nunha mesma columna teñen a mesma cantidade de electróns no último orbital, e o seu electrón diferente estará no mesmo orbital.

Outra clasificación importante para a nomenclatura é a que nos di a valencia dos elementos, o seu estado e o seu número de oxidación.

Existe unha clasificación que sitúa os elementos representativos en oito grupos identificados como A e ós de transición en B. Os elementos representativos son coñecidos así porque o número de grupos representa a cantidade de electróns na súa última capa e a cantidade de electróns nesa capa indícanos a valencia máxima que o elemento pode presentar. A valencia dun elemento refírese á capacidade de combinación que presenta;os non metais relaciónanse co número de átomos de hidróxeno cos que se pode enlazar e no caso dos metais con cantos átomos de cloro se poden enlazar.

Na nomenclatura das substancias inorgánicas resulta moi importante coñecer o estado de oxidación, esta as veces é a valencia cun signo que expresa a carga que adquiriu o elemento ó enlazarse con outros diferentes a el. O estado ou numero de oxidación polo xeral expresa a cantidade de electróns que un átomo aporta a formación de enlaces con outros átomos de elementos diferentes.

1 comentario:

eloy dijo...

correcto e ben escrito, pero demasiado semellante ao dado en clase, hai que ser algo máis imaxinativas!!!