domingo, 9 de marzo de 2008

A TERRA






A Terra aparece nas fotografías sacadas dende o espacio unha esfera que é na súa maior parte azul, xa que predominan os océanos na súa superficie.

Dos 9 planetas do Sistema Solar a Terra é o terceiro comezando a conta dende o Sol, a Terra describe ó redor do Sol unha elipse, polo que a súa distancia non é sempre a mesma. Polo tamaño a Terra é o quinto destes 9 planetas.

A Terra non é unha esfera perfecta, esta dividida en 5 partes: a atmósfera, a hidrosfera, a litosfera, o manto e o núcleo.


- A atmosfera; é unha cuberta que rodea o planeta con diferentes capas.


- A hidrosfera; é unha parte líquida que cubre a maior parte da superficie da Terra, comprendendo a maior parte dos tipos de auga que nos podemos encontrar na Terra; como lagos, augas subterráneas,glaciares, vapor de auga...


- A litosfera; que ten dúas capas:
- A Cortiza terrestre; dividida a súa vez noutras dúas partes, unha que forma a base das concas oceánicas e outra da cal forman parte os continentes.
- O Manto superior; esta separado do inferior pola débil zona chamada astenosfera.


- O manto inferior e o núcleo forman a parte interior e pesada da Terra reuníndoa maior parte da súa masa. O núcleo irradia calor continuamente.

A Terra ten 2 movementos, o desprazamento que fai ó redor do Sol(Movemento de Translación) e o xiro sobre si mesma(Movemento de Rotación)








O Movemento de Rotación en torno ó eixe da Terra dura horas e produce a sucesión de días e noites.





O Movemento de Translación describe unha orbita con forma de elipse ó redor do Sol, este movemento tarda 365 días, e un cuarto de día que tarda en dar unha volta completa, o que produce cada 4 anos un año bisesto, é dicir de 366 días.

Como o eixe de rotación da terra esta lixeiramente inclinado con respecto á vertical os raios do Sol chegan con distinta inclinación ás distintas zonas da superficie da terra.

Nas zonas tropicais os raios do Sol inciden mais verticais que no resto da terra, polo que nesas zonas fai calor, noutras zonas, como os polos os raios inciden máis inclinados facendo así máis frío.
O movemento de Translación da Terra provoca que o longo deses 365 ou 366 días existan 4 estacións: a primavera, o verán. O outono e o inverno.

Cando a inclinación do eixe da Terra con respecto a vertical provoca que o polo norte este inclinado hacia o Sol o Hemisferio norte da Terra esta en verán. E nesa mesma época o Hemisferio Sur esta en inverno.

No Hemisferio norte o verán comeza o 21 de Xuño, así esta fecha ten o día mais longo e a noite mais corta, esta fecha é chamada solsticio de verán e a causa da verticalidade coa que inciden os raios do Sol fai máis calor e no Hemisferio Sur comeza o inverno.

O día 23 de setembro prodúcese o paso ó outono no Hemisferio Norte, nesta fecha o día e a noite duran o mesmo, esta fecha é chamada equinoccio de outono.durante o ano os raios do Sol van chegando cada vez mais inclinados facendo así máis frío, e no Hemisferio Sur comeza o verán.

O Hemisferio Norte pasa á primavera o 21 de Marzo, nesta fecha o día e a noite curan o mesmo, esta fecha recibe o nome de equinoccio de primavera. Durante esta estación os raios do Sol van chegando máis verticais e os días vanse alongando, polo que se pasa do frío ó calor.e no Hemisferio Sur comeza o outono.

No hay comentarios: