domingo, 9 de diciembre de 2007






CAMBIO FÍSICO E CAMBIO QUÍMICO DUN OBXETO O MATERIAL


Todos os materiais que vemos e temos ó noso aredor constantemente sofren cambios. Por exemplo: o ferro se oxida, o papel dos xornais vellos ponse amarelo, os zapatos gástanse... Algúns destes cambios son producidos polo home, como cando se disolve azucre no café, cando rompe un vaso, ó recortar un papel... Os cambios que ocorren nos materiais poden dividirse en dous grandes grupos: cambios físicos e cambios químicos.

Falamos de cambio físico sempre que non cambia a natureza das sustancias e falamos dun cambio químico cando cambia. Por exemplo se teño unha folla de papel e a solto cáese por acción da gravidade, segue sendo unha folla de papel, non cambiou a súa natureza. Se a achego a un misto acendido o papel arde e convértese en cinzas, fume e enerxía, sería un cambio químico. Se teño unha barra de ferro e dóbroa para facer unha varanda seguirá sendo ferro, pero se se une ó osíxeno da atmosfera fórmase un po marrón que xa non é ferro, é óxido de ferro, trátase dun cambio químico.

Cambios físicos
Cando os materiais cambian de forma, recórtanse, estíranse, ráianse... ocorre un cambio físico. A auga cando cambia de estado, é dicir, ó conxelarse transfórmase en xeo, pero segue sendo auga.

O cobre ó quentarse vólvese líquido pero segue sendo cobre. En xeral, as disolucións e mesturas son cambios físicos. Cando facemos unha ensalada, facemos unha mestura, combínanse varios vexetais, pero cada un deles conserva as súas características.


Ó disolver unha sustancia noutra, ocorre un cambio físico, xa que as sustancias non se transforman noutras distintas. Por exemplo, cando facemos unha sopa, parece que o sal desaparece, pero segue estando ahí, porque ó probar o caldo sentímola. Se queremos recuperala, férvese a sopa ata que evaporase todo o líquido e vémola no fondo da pota. Cando se lle bota azucre ó café, deixa de verse, pero o café sabe doce, o azucre segue alí pero disolto en partículas tan pequenas que non se poden ver.

Finalmente pódese concluír que ó disolver unha sustancia noutra, ocorre un cambio físico, xa que as sustancias non se transforman noutras, porque conservan as súas características.

Cambios químicos


Cando se encende unha vela, cando se queima o papel, cando unha estatua de bronce ponse verde, cando a masa transfórmase en pan... ocorren cambios químicos. En todos os casos nomeados anteriormente, empézase cunhas sustancias e estas transfórmanse noutras sustancias diferentes.

Determinar a simple vista se ocorreu en verdade un cambio químico non sempre é fácil. A forma máis segura é analizar as sustancias no laboratorio para ver se son as mesmas coas que empezamos ou se se trata doutras.

As condicións ambientais poden acelerar ou desacelerar un cambio químico. Algúns son moi rápidos como o que ocorre ó botar unha tableta efervescente en auga ou cando estalla unha cotufa. Outros son máis lentos, como a decoloración da roupa ou a maduración da froita. E outros son sumamente lentos, como a descomposición do mármore dunha estatua ou a oxidación do ferro dun automóbil.

Existen certas características que a simple vista nos indican se se produciu ou non un cambio químico como:

- Os cambios de cheiro é sinal de que algún material novo acaba de aparecer, como resultado da transformación química dos materiais que se tiñan ó principio.
- Os cambios de cor indican que se formaron sustancias novas, de cor distinta a das iniciais.


LEI DE LAVOISIER OU DE CONSERVACIÓN DA MASA




Probablemente, a aportación máis importante que fixo Antonie Laurent Lavoisier (1743-1794) á Química foi a implantación da medida precisa a todos os procesos nos que a materia sofre transformacións e o enunciado da famosa lei de conservación da masa.

En 1770 Lavoisier realizou o experimento do arrequecemento da auga utilizando un aparello que condensaba o vapor e devolvíao ó recipiente sen perder un só gramo de auga. Pesó a auga e o recipiente antes e logo de realizar o experimento. Demostrou que o peso do matráz do condensador e da auga seguía sendo o mesmo antes e logo dunha prolongada ebulición. Sen embargo, un sedimento terroso seguía aparecendo. Extraeu e pesou o depósito formado, así como o matráz e comprobou que a suma de ambos era igual ó peso do matraz antes de iniciar a experiencia. É dicir, o poso terroso proviña dunha descomposición do vidro provocada pola calor.

Posteriormente, ocupouse das reaccións químicas e comprobou que a masa (cantidade de materia) é algo permanente e indestructible, algo que se conserva a pesar de todos os cambios. Newton defendeu antes na física a idea dunha masa que permanecía constante a través de todos os movementos e Lavoisier aplicouna ó mundo da química.

En 1774 Lavoisier enunciou a súa lei de conservación da masa, de forma que: en toda transformación química, a masa total dos reactivos que reaccionan é igual á masa total dos produtos da reacción.

Así, segundo Lavoisier, na reacción do cobre co xofre para orixinar sulfuro cúprico, mediante:


Cu + S = CuS

Resulta que 4,00 g de Cu reaccionan con 2,02 g de S e producen 6,02 g de CuS.
É dicir, que nunha reacción química, a materia nin se crea nin se destrúe, só se reorganiza.


No hay comentarios: