domingo, 27 de enero de 2008

O MOVEMENTO ONDULATORIO


O movemento ondulatorio e un proceso polo que a enerxía se propaga dun lugar a outro sen transferir materia mediante ondas mecánicas ou electromagnéticas.

Ondas mecanicas

Son denominadas así porque a enerxía se transmite a través dun medio material sen movemento global do medio.En calquera punto da traxectoria se produce un desprazamento periódico ó a redor dunha posición de equilibrio. Pode ser un desprazamento periódico de moléculas de aire como o son que viaxa pola atmosfera, pode tamén ser de moléculas de auga como as olas ou pode ser de porcións dunha corda.

Ondas electromagnéticas

Estas ondas precisan dun medio material para se propagar. Neste caso os desprazamentos periódicos corresponden a variacións de intensidade de campos magnéticos e eléctricos.

Tipos de ondas

As ondas clasifícanse segundo a dirección dos desprazamentos das partículas en relación á dirección do movemento da propia onda. Se a vibración é paralela á dirección de propagación da onda, a onda denomínase lonxitudinal. Unha onda lonxitudinal sempre é mecánica e débese ás sucesivas compresións (estados de máxima densidade e presión) e enrarecimentos (estados de mínima densidade e presión) do medio. As ondas sonoras son un exemplo desta forma de movemento ondulatorio.
Outro tipo de onda é a onda transversal, na que as vibracións son perpendiculares á dirección de propagación da onda. As ondas transversais poden ser mecánicas, como as ondas que se propagan ao longo dunha corda tensa cando se produce unha perturbación nun dos seus extremos, ou electromagnéticas, como a luz. Nese caso, a dirección do campo eléctrico e magnético é perpendicular á dirección de propagación. Algúns movementos ondulatorios mecánicos, como as ondas superficiais dos líquidos, son combinacións de movementos lonxitudinais e transversais, co que as partículas de líquido móvense de forma circular.


Comportamentos das ondas

A velocidade dunha onda na materia depende da elasticidade e densidade do medio. Nunha onda transversal ó longo dunha corda tensa, a velocidade depende da tensión da corda e da súa densidade lineal. A velocidade pode duplicarse aumentando a tensión, ou reducíndoa á metade e aumentando a densidade lineal. A velocidade das ondas electromagnéticas no baleiro (entre elas a luz) é constante e o seu valor é de aproximadamente 300.000 km/s. Ao atravesar un medio material esta velocidade varía sen superar nunca o seu valor no baleiro.

Cando dous ondas se atopan nun punto, o desprazamento resultante nese punto é a suma dos desprazamentos individuais producidos por cada unha das ondas. Se os desprazamentos van no mesmo sentido, ambas as ondas refórzanse; se van en sentido oposto, debilítanse mutuamente. Este fenómeno coñécese como interferencia.

Cando dúas ondas de igual amplitude, lonxitude de onda e velocidade avanzan en sentido oposto a través dun medio fórmanse ondas estacionarias.
As ondas estacionarias aparecen tamén nas cordas dos instrumentos musicais.

No hay comentarios: