sábado, 23 de febrero de 2008

Os Buracos Negros



DEFINICIÓN




Buraco negro é un corpo celeste hipotético cun campo gravitatorio moi forte, así non se pode escapar da súa proximidade. Este corpo esta rodeado por unha fronteira esférica chamada horizonte de sucesos, polo cal pode entrar a luz pero non saír así parece ser totalmente negro. Estas características pode pertencer a un corpo de alta densidade e masa pequena.

PROPIEDADES

O concepto de buraco negro foi desenrolado polo astrónomo alemán Karl Schwarzchild en 1916 baseada na teoría da relatividade.

O radio do horizonte de sucesos dun buraco negro depende da masa do corpo; en km é 2.95 a masa do corpo dividida pola masa do Sol. Si un corpo está electricamente cargado ou xirando os resultados se cambian, xa que na parte exterior do horizonte formase unha ergosfera, dentro da cal a materia ten que xirar co buraco negro.

Según a relatividade, a gravitación cambia o espacio e o tempo nas proximidades do buraco negro.

Cando un observador acercase dende o exterior ó horizonte de sucesos o tempo retrasa se en relación o de o observador e a distancia, detindose por completo no horizonte.

FORMACION DO BURACO NEGRO

Fórmanse durante a evolución estelar.
Cando se esgota o combustible nuclear no núcleo dunha estrela a presión mais o calor que produce xa non basta para impedir a contracción do núcleo debía a súa gravidade. Nesta fase adquiren importancia os tipos de presión. As densidades maiores a un millón de veces a do auga, aparece una presión debida a alta densidade de electróns, que deteñen a contracción nunha anana branca. Isto pasa en núcleos con masa inferior a 1.4 masas solares. Se a masa é maior a presión non pode deter a contracción, e esta continua ata alcanzar unha densidade de mil billóns de veces a do auga.
Outro tipo de presión é a debida a alta densidade de neutróns que detendria a contracción nunha estrela de neutróns, pero se a masa do núcleo fose maior a 1.7 masas solares ningún dos dous tipos de presión é bastante para evitar que se funda hacia un buraco negro. Unha vez que o corpo esta contraído dentro do seu radio de horizonte , teoricamente se fundirá nun obxecto con densidade infinita.

No 1994 o telescopio espacial Hubble proporcionou sólidas probas da existencia dun buraco negro no centro da galaxia M87, a alta aceleración de gases nesta rexión indica que debe haber un ou grupo de obxectos de 2.5 a 3.500 millóns de masas solares.

O físico inglés Stephen Hawking suxeriu que moitos buracos negros poden haberse formado ó comezo do universo, tamén suxeriu que os buracos negros non colapsan, senón que forman buracos de verme que comunican con outros universos distintos ó noso.

Un buraco negro de masa suficientemente pequena pode capturar un membro de un par electrón-positrón cerca do horizonte de sucesos deixando escapar ó outro. Esta partícula saca enerxía do buraco negro provocando así a desaparición do buraco. Según a masa que teñan os buracos negros formado nos comezos do universo poderían haberse evaporado pero os que teñen unha masa maior aínda poden permanecer.

En 1997 un equipo de astrofísicos estadounidenses presentou novos datos, as súas investigacións estendéronse a nove sistemas binarios de estrelas. En cinco dos nove casos cando o material da estrela de menor masa golpea a superficie do outro obxecto, este emite unha radiación brillante na súa superficie, tratase dunha estrela de neutróns, Nas outras catro binarias das que se cría que contiñan buracos negros, a radiación emitida polo segundo obxecto é moi pequena, xa que a enerxía desaparecería a través do horizonte de sucesos. Estes datos forman parte do conxunto de probas mais directo de que existen os buracos negros atopados nalgunhas galaxias.

1 comentario:

eloy dijo...

un tema é moi interesante!!!

o artigo está ben escrito, só espero que realmente entendades o que estades contando!!!